CONTACONTOS

martes, 12 de xaneiro de 2021

CURTAS PARA PENSAR.......

 

 

No centro estamos inmersos nun proxecto sobre O COIDADO DO NOSO PLANETA E RECICLAXE. 

Fixemos unha selección de curtas, coas que reflexionar.


Pero comezaremos cun CONTO  "Rana de tres ojos",  que nos fala sobre como colectivamente, colaborando entre todos, se poden buscar solucións para cambiar o rumbo das cousas e transformar as nubes grises en ceo despexado!




 

Para os máis pequenos, nesta curta descubrirán un pequeno superheroe, sempre disposto a coidar do planeta.


 

 E agora unha curta que se centra na contaminación marina por prásticos.


 


As seguintes curtas ensínanos que cos residuos orgánicos se poden facer moitas cousas.



 




Entre a contaminación e residuos que invaden a cidade dos nosos protagonistas, algúns habitantes da zona deciden probar a separar o lixo. E así descubren que a cidade se vai transformando a medida que eles separar os diferentes elementos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario