CONTACONTOS

domingo, 24 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO! ADIVIÑA QUE LIBRO É, TEATRO E CONTACONTOS DAS FAMILIAS

 Este ano o equipo de Biblioteca, para conmemorar o DÍA DO LIBRO unha actividade que durará todo o mes de abril.

Cada semana, na entrada ao colexio, hai unha serie de libros ademáis de cartas con pequenos textos que pertencen a unha destas lecturas.





Cada aula pode visitar este recuncho cando queira e "xogar" a adiviñar a que libro pode pertencer o texto elixido. 
Dun xeito divertido, todos xuntos lemos e descubrimos novos libros.
Ademáis hai aulas nas que posteriormente se está a traballar con algúns destes libros.
Nas primeiras semanas foi o alumnado de 4º o que se encargou de escoller os libros e os textos, así como redactalos.







Ademáis, para conmemorar esta data,  luns 25 teremos o privilexio de desfrutar da función teatral  "Palabras" do grupo de teatro BAOBAB, ao cal pertence unha compañeira do noso cole, Andrea Bayer.


Tamén están previstas as visitas das familias que queiran achegarse a contar contos ás clases dos seus fillo/as. 


 Vos iremos contando!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario