Chegou ese día tan importante nas nosas vidas: O DÍA DA PAZ. O 30 de xaneiro comprometémosnos un ano máis como defensores da paz e do entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.
A data é unha homenaxe a Mahatma Gandhi, líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica que foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948.
Este ano, todos os cursos do colexio traballamos cun libros dos propostos polo equipo da biblioteca:
Despois, personalizamos os nosos banderíns onde deixábamos reflexadas:
- a palabra do conto que máis nos gusta sobre a paz
- o país que estamos a traballar no proxecto
- como se di esa palabra na lingua do país
- o pictograma da palabra
- e engadimos un código QR co vídeo que fixemos na aula.
Reunímosnos no ximnasio tras o recreo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario