CONTACONTOS

mércores, 21 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024

 O entroido deste ano estivo cargado de moita emoción e ilusión polas cousas que se tiñan organizadas. 

Na primeira semana estivemos disfrutando dos MANDADIÑOS DE RUFIÑO, que nos ía diciendo que cousas debiamos traer ou de que maneira vir vestidos.

O venres 9 tivemos unha saída escolar todo o colexio, polo que a gran festa trasladouse ó xoves 16 e venres 17. E menuda sorte tivemos co tempo que estivo o noso favor!!!

O xoves viñemos a clase disfrazados do que quixeramos, coma os de 4º Ed. Infantil que este curso entreábanse nestas celebracións.As caracterizacións estaban súper ben.

 E, o venres, foi o DÍA GRANDE. Ese día todos nos vestimos acorde co proxecto que estamos traballar no cole de "Brincando polo mundo". Había exipcios, mexicanos, parisinos, exploradores, conquistadores,...o cole estaba en movemento.



Despois do recreo e dun tempo para prepararnos, chegou o momento do desfile para que todas as familias que alí estaban puideran vernos a todos.


Saímos con moita emoción !!

Logo sentámonos na pista para poder dar paso as actuacións de todos os nosos compañeiros.










E, tras rematar, disfrutamos dunha gran merenda con repostería típica da celebración, orellas e filloas, gracias a nosa marabillosa ANPA SAN PEDRO!!!







Para rematar, deixamos un popurri de fotos nun pequeno vídeo!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario