CONTACONTOS

mércores, 8 de maio de 2024

SAÍDA Ó MUSEO DO CICLO DE INFANTIL (MAIO)

  Listos e preparados rumbo á saída escolar ó Museo de Pontevedra!!! Por parellas, sentámonos no autobús cunhas sonrisas enormes e moita ilusión. Fomos os de 3, 4 e 5 anos e, por iso, precisamos un autobús grande e outro pequeno. Que gañas tiñamos de excursión!!!









O autobús deixounos moi preto do museo pero, aínda así, debiamos camiñar un pouquichino. Así que,  de maneira ordeada, sen correr e sempre atentos ás mestras, iamos pola beirarrúa, arrimadiños á parede para deixar pasar tamén ós outros peóns.


Ó chegar, deixamos os abrigos nunha gran caixa porque alí dentro facía calorciño, pero o que si deixamos foron as camisetas coas que estabámonos identificados e non non iamos perder.




Dentro da sala, Sabela explicounos moitísimas cousas pero tamén tiñamos que gardar silencio porque non podía berrar moito e todos debiamos escoitar as explicacións. Ademáis, había outros grupos de alumnos maiores que estaban escoitando ás súas monitoras no seu obradoiro.


E chegamos á sala onde estaba a BRUXA GRANDÍA!!!! 







E falounos de que o seu bosque todo era gris e que non coñecí outras cores, nin era quen de sentir emocións. Non sabía nin que era o enfado, a tristura...NIN AS RISAS!!!!


Pero un día de tormenta, o seu amigo o gatiño Medo un susto levou e, co estrondo da tormenta, fuxíu ata atopar acubillo nun edificio grande e, nel, vivieron unha aventura que lles permitíu descubrir as cores e as emocións.


Despois de estar na sala, marchamos á entrada onde había mesas e cores e así puidemos colorear á Bruxa Grandía e o seu gato!!! Menudas risas!! 
(Aínda que tamén estivemos facendo visitas ó baño mentres tanto)



Ó rematar, baixamos polo ascensor ata a planta baixa, fomos todos ó baño, recollimos os abrigos e....marchamos de camiño ó parque!!!


Alí merendamos todos xuntos, bebimos auga e, a medida que remataban, podía ir xogar no parque que non había ninguén!













O tempo non puido ser mellor!!! Pasámolo xenial e temos gañas de NOVA EXCURSIÓN!!! 

E marchamos a casa cunha experiencia espectacular xunto cun libriño para colorear da historia de Grandía "A bruxa de Cores"

PARA MÁIS FOTOS PINCHADE NESTE ENLACE







Ningún comentario:

Publicar un comentario