CONTACONTOS

venres, 20 de setembro de 2024

SAÍDA ESCOLAR A FICBUEU (CURTAMETRAXES)

 Tivemos a sorte de acudir a FICBUEU!!! O alumnado de 5ºEI, 6ºEI e os de 1º,2º,3º,4º EP estaba moi emocionado por facer a saída xa nada máis comezar o curso e máis cando está relacionada co proxecto que estamos a traballar.


Dividíronnos en 2 grupos: infantil e primaria. En ambos casos proxectáronnos varias curtametraxes que NOS ENCANTARON!! Cunhas rimos e, con outras, nos emocionamos.

Despois marchamos merendar e recobrar forzas porque despois...


...tiñamos que xogar nun parque xenial con outros nenos doutro colexio que tamén viñera a ver as curtas!!

Pasámolo xenial!!! Para ver máis fotos, PINCHADE NESTE ENLACE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario