CONTACONTOS

venres, decembro 20, 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Achégase o Nadal e o momento de escribir a carta a Papá Noel ou os Reis Magos.

Non vos esquezades de pedirlle un libro ou unha película para pasar un rato ben divertido.

Aquí vos quedan unhas recomendacións!!


mércores, decembro 18, 2024

NOVO RECUNCHO: LEGO

 A Rufiteca ten unha novidade importante esta semana.

Un novo recuncho  de xogo con LEGO no que o alumnado poderá deixar voar a súa creatividade e imaxinación para crear figuras, cidades, bosques, animais...

Os LEGO coma os contos deixan voar a nosa imaxinación!!!




mércores, decembro 11, 2024

SAÍDA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA

 Todo o alumnado de Educación Infantil visitou esta semana a Biblioteca pública de Pontevedra.

Alí contáronnos un conto e pasamos un rato divertido coñecendo as instalacións desta biblioteca e descubrindo todos os libros que nela se agochan.





Ademais, aproveitamos a visita a Pontevedra para dar un paseo pola súa alameda e visitar o parque que hai alí.



Unha xornada de lectura e diversión!!

Aquí queda o enlace o álbum con todas as fotos do día.

ÁLBUM FOTOS BIBLIOTECA PÚBLICA

mércores, decembro 04, 2024

RECOMENDACIÓNS DE CINE CON TEMÁTICA NAVIDEÑA

 Na biblioteca Rufiño non só pasa o tempo rodeado de libros.

De vez en cando tamén se senta a ver unha película.

Nesta ocasión recomenda unhas cantas de temática relacionada co Nadal.

Animádesvos a ver algunha nas vosas casas??

NOVIDADES NA RUFITECA

 Esta semana hai libros novos na sección de novidades.

Só tendes que buscar a estantería correspondente a esta sección na entrada da biblioteca.

Hai títulos moi, moi interesantes esperando por vós!!

SESIÓN DE CINE DE NADAL: EL GRINCH

 O pasado venres tocou sesión de cine con temática navideña.

Todo o alumnado de Educación Infantil xuntómonos na rufiteca para ver a película "El Grinch".

Como é un pouco longa farémolo en dúas sesións. A próxima será o próximo venres 13 de decembro.

Estamos desexando saber como continúa e, sobre todo, como rematará??










25 N: O CHUVASQUEIRO DE AURORA

Con motivo da conmemoración do 25 de Novembro todos os peques de Educación Infantil xuntáronse na biblioteca para escoitar a historia de "El chubasquero de Aurora", contado por la profe Tanya. 









Despois cada un e cada unha elaborou o seu propio chuvasqueiro pintando de lila e colocando os botóns das mesmas cores que os de Aurora.










E aquí queda a historia en vídeo por se estades intersadas en escoitala!!

CHARLA SOBRE SAÚDE

 O pasado martes 19 de novembro e o xoves 21 de novembro tivemos unha visitia moi especial das enfermeiras do centro de saúde de Lérez.

Viñeron a darnos unha charla sobre aspectos relacionadas coa saúde para todo o alumnado de Educación Infantil e para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

Explicaron cousas que podemos atopar nas consultas, como debermos actuar, que non debemos ter medo cando acudimos ao médico, a que número chamar en caso de urxencia...

Pero non estiveron soas, viñeron acompañadas dun osiño que fixo a explicación máis amena e que puideramos entender moito mellor todo o que nos explicaron.

Ao final da sesión tiñan un agasallo preparado para nós, unhas pegatinas moi chulas.








Mil grazas por compartir con nós todo o que sabedes!!

No seguinte enlace podedes ver o álbum completo de fotos.