O pasado martes 19 de novembro e o xoves 21 de novembro tivemos unha visitia moi especial das enfermeiras do centro de saúde de Lérez.
Viñeron a darnos unha charla sobre aspectos relacionadas coa saúde para todo o alumnado de Educación Infantil e para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
Explicaron cousas que podemos atopar nas consultas, como debermos actuar, que non debemos ter medo cando acudimos ao médico, a que número chamar en caso de urxencia...
Pero non estiveron soas, viñeron acompañadas dun osiño que fixo a explicación máis amena e que puideramos entender moito mellor todo o que nos explicaron.
Ao final da sesión tiñan un agasallo preparado para nós, unhas pegatinas moi chulas.
Mil grazas por compartir con nós todo o que sabedes!!
No seguinte enlace podedes ver o álbum completo de fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario