CONTACONTOS

xoves, maio 07, 2026

SABELA 6ºEP, FINALISTA NO CERTAME LITERARIO JAIME OLMEDO

Estamos moi orgullosos de anunciar que a nosa alumna Sabela, de 6º de Primaria, coa súa obra “A pequena formiga” foi seleccionada como finalista nesta edición do Certame Literario Jaime Olmedo

Un certame organizado por Avigal, en colaboración con @antelaeditorial, no que participaron máis de 200 alumnos e alumnas de toda Galicia, pertencentes a máis de 40 centros escolares 


Parabéns, Sabela! O teu esforzo, creatividade e amor pola nosa lingua son un exemplo para toda a comunidade educativa. Estamos moi orgullosos de ti!


Grazas a Avigal e @antelaeditorial por impulsar a escrita en galego e fomentar a imaxinación entre os nosos alumnos e alumnas. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario