CONTACONTOS

domingo, 23 de xaneiro de 2022

Os alumn@s de 5º de primaria participan nun obradoiro de Radio Escolar.


Levamos varios cursos escolares participando en obradoiros de formación sobre Radio Escolar, xa que o noso centro forma parte do  Plambe de Bibliotecas Escolares e o programa de Radio na Escola.

 


Neste curso os encargados de formarnos son os periodistas e locutores de Radio Voz, Pablo Portabales e Loreto Silvoso.

Este  mércores 19  Pablo impartiu a primeira sesión.

O alumnado de 5º de primaria foron os participantes.

 Os contidos que se trataron foron moi amenos e prácticos:

-Visualizáronse todos os programas de radio que se estaban a realizar nese momento en calquera punto do mundo (Xapón, Corea, Arxentina, Andorra...). 

-Levaron a cabo exercicios de voz, entonación e respiración. 

-Coñeceron as distintas partes dun guión de radio, preparando un todo o grupo, pensando no público ó que iría dirixido, as distintas seccións...e organizouse o traballo de xeito que cada un preparase a súa parte.


E a continuación, o resultado desta sesión de hora e media que foi do máis productiva!





A seguinte sesión con Loreto Silvoso foi o luns 24 , na que se trataron maís aspectos relativos a ténicas para comunicar a través da radio, expresión oral,  improvisación, entonación.....












Ningún comentario:

Publicar un comentario