Feliz día da Paz!!
Con motivo desta data tan especial, Rufiño e o seu equipo de Biblioteca. propuxeron investigar en torno a diferentes asociacións da nosa cidade que colaboran para asistir e atender ás persoas máis desfavorecidas, e concretamente no tocante a alimentación, cos comedores sociais e as recollidas de alimentos.
Baixo o lema "SÓ SEN FAME HABERÁ PAZ, ALIMENTA A PAZ" leváronse a cabo os distintos traballos de aula e tamén unha recollida de alimentos para donar a dúas asociacións.
Se pinchades na foto de enriba poderedes acceder á páxina de "Orgullo de Campañó" e enterarvos máis da actividade.
Ademáis, na biblioteca temos un recanto adicado a diferente bibliografía relaacionada con esta temática.
Ningún comentario:
Publicar un comentario